A meninxite.

A meninxite é un tipo de infección do sistema nervioso central, defínese como a infección das meninges, alterando así o líquido cefalorraquídeo.

O líquido cefalorraquídeo, tamén denominado líquido cerebroespinal baña o encéfalo e a médula espiñal. Circula polo espacio subaracoideo, os ventrículos cerebrais e o canal ependimario. O LCR (líquido cefalorraquídeo)  ten varias funcións, entre elas destacan:

  • Actúa como amortiguador e protexe de traumatismos ao sistema nervioso central.
  • Proporciona ao encéfalo un soporte hidroneumático necesario contra a excesiva presión local.
  • Serve como reservorio e axuda na regulación do contido do cráneo.
  • Nutre ao encéfalo.
  • Elimina metbolitos do sistema nervioso central
  • Permite o diagnóstico de diversas enfermidades neurolóxicas, constitue unha vía de netrada para a anestesia epidural.

A meninxites en ocasións acompáñase dun proceso de inflamación do encéfalo que pode conducir a unha disminución do nivel da conciencia e doutros síntomas máis graves. Esto coñécese como meningoencefalitis. 

A forma mais coñecida de coller esta enfermidade é mediante bacterias. Tamén existen outras formas, poden ser de orixen vírico ou fúngico.

Mininxite vírica.

Coñécese tamén como meninxite aséptica e moito menos perigosa que a bacteriana.

Os virus mais frecuentes son os enterovirus e o herpes simple.

Os problemas que da esta enfermidade poden ser, dor de cabeza e fiebre, son moi parecidos as causas da bacteriana , pero menos intensa. O proceso para aliviar estes sentimos é so seguir o tratamiento axeitado.

A meninxite de herpes simple hay que recibila con atención especial porque pode complicarse cunha encefalite, onde a inflamación chega ao cerebro e provoca alteracións neurolóxicas que poden incapacitar ao enfermo de por vida.

Meninxite bacteriana.

É a forma máis coñecida da enfermidade. Os microorganismos que poden provocar esta infección dependen da idade do paciente e doutros factores como, o estado do sistema inmune do enfermo. Este sistema é o encargado de protexer ao corpo humano das agresións externas como as infeccións. Entre todas destacan as seguinte bacterias.

  • O Streptococcus pneumoniae ou neumococo: esta bacteria coloniza a farinxe sin dar ningún tipo de enfermidade. As veces o sistema inmune non e capaz de controlar o seu crecemento e chega as meninges a través do sangue. Tamén pode ser o causante de neumonias que ocasionalmente orixinan meninxite. A meninxite or neumococo pode aparecer a calquera idade. É mais frecuente en persoas con deficiencias no sistema inmune, en diabéticos, alcohólicos, persoas con deficiencia renal ou hepática, persoas desnutridas…etc. A súa mortalidade é alta. Existen vacunas.
  • A Neisseria meningitidis ou meningococo: é a responsable das meninxitis sobre todo de nenos e xóvenes. Coloniza a farinxe tal é como na neumococo. Pode darse en persoas sas ou persoas cun trastorno do sistema inmune. Existe unha vacuna moi eficaz pero que non cobre todos os serotipos.
  • Streptococcus agalactiae ou estreptococo do grupo B: esta bacteria coloniza o tacto xenital femenino e pode infectar ao recien nacido durante o parto. Ahora xa é menos frecuente gracias á vaciñación.

Agora existen vaciñas para nenos, que se soen poñer a unha idade temprana , para que haxa un menor número de enfermidades de coller esta infección.

Para mais información: Aquí.